Actualidade: Avisos
Lista de Avisos
- 28/11/2008: Institucional. Bando Alcaldia sobre o tráfico nas Festas do Nadal.
- 28/11/2008: Institucional. Bando Alcaldía co gallo das actividades de carácter festivo que se pretendan
desenvolver en locais nas datas de Nadal, Fin de Ano ou Reis.. - 28/11/2008: Institucional. Bando Alcaldia Artificios Pirotécnicos.
- 28/11/2008: Institucional. O CAT, Centro de Artesanía tradicional convoca: Obradoiros de cestería tradicional para o 2009.
- 28/11/2008: Urbanismo. Nomeamento interino de tres técnicos de administración xeral por acumulación de tarefas, por un periodo de seis meses..
- 21/11/2008: Benestar Social. Programa "Xantar na casa".
- 21/11/2008: Benestar Social. Campaña "De Boa Man".
- 11/11/2008: Benestar Social. Outuno Cultural para os nosos maiores.
- 11/11/2008: Actividades culturais. Concurso de Belenes de Caixanova.
- 30/10/2008: Animación Socio Cultural. Bases Participación no XXVIII Concurso de rondallas.
- 30/10/2008: Actividades culturais. Convocatoria para o taller do artista Santiago Sierra, que se desenvolverá no MARCO.
- 29/10/2008: Actividades culturais. Cat (Centro de Artesanía Tradicional): Seminario Galego de Etnografía..
- 24/10/2008: Deportes. Convocatoria da Conselleria de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, de concesión de subvencións para axuda aos equipos femininos de categoría xuvenil ou similar:.
- 8/04/2008: Museo "Quiñones de León". Bases da convocatoria de 4 bolsas: 1 de arte, 2 de arqueoloxía, 1 de acción didáctica..
- 4/04/2008: Muller. Cursos:.
- 4/04/2008: Animación Socio Cultural. Apertura do prazo para a presentación de solicitudes de subvencións para o fomento de actividades socioculturais para o ano 2008..
- 4/04/2008: Xuventude. Convocatoria específica para a concesión de subvencións para o fomento de actividades xuvenís.
- 4/04/2008: Deportes. Convocatoria para a Concesión de Subvencións a Entidades Deportivas de Vigo temporada 2007-2008.
- 2/04/2008: Educación. Solicitude de Praza nas Escolas Infantís Municipais para Novo Alumnado Curso 2008 / 2009.
- 27/03/2008: Persoal. Aprobación das normas reguladoras do funcionamento das listas de reserva derivadas da execución das ofertas de emprego público do Concello de Vigo..
- 23/03/2008: Mobilidade. Aprobación inical da Ordenanza Municipal reguladora das operacións de carga e descarga.
- 23/03/2008: Varios. Presentación Candidaturas Agrupación Voluntarios Protección Civil.
- 23/03/2008: Tributos. Normas de procedemento para o ingreso dos tributos municipais de cobro periódico e notificación colectiva do Concello de Vigo no presente exercicio:.
- 3/03/2008: Urbanismo. Exposición pública da Ordenanza de axudas aos propietarios que carezan de recursos suficientes para a realización da inspección técnica de edificacións.
Avisos
Co fin de facilitar a mobilidade en xeral no centro da cidade, debido á
maior afluencia de persoas e vehículos, co gallo das festas do Nadal,
cómpre o establecemento de medidas provisorias na zona urbana interior
ao arco delimitado polas rúas:
Doctor Corbal, Buenos Aires, Travesía de Vigo, Aragón, Jenaro de la
Fuente, Avda. Martínez Garrido, Estación de Autobuses, Avda. Arquitecto
Palacios, Avda. Castrelos, Avda. Portanet, Avda. Citroën, circunvalación
Oeste ata Bouzas, establécense as seguintes restriccións:
1.- As obras de canalizacións para servizos de saneamento, auga,
electricidade, gas e telecomunicacións que se están a executar na vía
pública deberán quedar rematadas ás 24,00 horas do sábado día 13 de
decembro de 2008. As empresas responsables delas estarán obrigadas a
repoñer o pavimento e a sinalización para deixar expedita a libre
circulación de persoas e vehículos, polo que terán que retirar casetas,
valos, materiais de obra e maquinaria, coa limpeza de calzada e
beirarrúas nas rúas e espacios públicos afectados.
2.- Asemade, na zona urbana interior ao arco delimitado polas rúas:
Isaac Peral, Doctor Canoa, Travesía de Vigo, Pizarro, Gran Vía e Coruña
non se permitirán colectores de obra, sacos de residuos ou calquera
outro acopio de materiais na vía pública, que deberán en todo caso ser
retirados antes das 24,00 horas do sábado día 13 de decembro de 2008. As
empresas responsables deles estarán obrigadas a retiralos, coa limpeza
de calzada e beirarrúas nas rúas e espacios públicos afectados.
3.- Os traballos, que por atoparse no prazo de execución autorizado, que
segundo o anterior teñan que suspenderse nestas datas, poderán
continuarse a partir das 08,00 horas do vindeiro mércores día 07 de
xaneiro de 2009. Polo tanto as obras en curso na actualidade que non
poidan ser rematadas na data indicada do 13 de decembro, terán que
manter expedito o paso por elas e o seu entorno, durante o período do
Nadal, así como garantir unha correcta sinalización para o tráfico e
seguridade viaria de persoas e vehículos, repoñéndoa á súa costa se se
deteriorase por calquera motivo ou incidencia.
4.- Asemade, dende as 24,00 horas do sabado día 13 de decembro de 2008
ata as 08,00 horas do mércores día 07 de xaneiro de 2009, prohíbese a
realización de calquera outra obra ou traballo que afecte á vía pública,
tanto na calzada como nas beirarrúas, salvo autorización expresa por
parte desta Alcaldía.
5.- Nas devanditas datas únicamente poderán ser atendidas, sen
limitación de horarios, as emerxencias ou avarías que revistan carácter
de urxencia. Cumprirá darlle coñecemento destas, cando se produza, á
Policía Local, cando menos telefónicamente e deberase presentar no
Concello, a través do seu Rexistro Xeral, e dentro das 48 horas
seguintes, un dictame xustificativo da urxencia e alcance da avaría,
subscrito polo técnico competente responsable da obra ou instalación
afectada.
6.- Os demais traballos de mantemento ou reparación precisos nas vías e
servizos públicos, durante estes días, poderán realizarse entre as 21,00
horas e as 09,00 horas do día seguinte, trala autorización expedida pola
Alcaldía e anuncio público.
7.- Lémbrase tamén que están obrigadas todas as empresas constructoras a
retirar da vía pública todos os materiais, taboleiros, valos,
maquinaria, etc., dos edificios en construción que non dispoñan dunha
autorización expresa.
O incumprimento destas normas dará lugar á incoación do correspondente
expediente sancionador e imposición da multa na contía máxima
establecida na vixente lexislación de réxime local, así como á inmediata
paralización das que se inicien, sen prexuízo de calquera outra medida
que proceda adoptar.
Vigo, 26 de novembro de 2008
O ALCALDE
ABEL CABALLERO ÁLVAREZ
desenvolver en locais nas datas de Nadal, Fin de Ano ou Reis.
Co gallo das actividades de carácter festivo que se pretendan
desenvolver en locais nas datas de Nadal, Fin de Ano ou Reis.
A Lei Orgánica 1/1992, de 21 de febreiro, sobre protección da seguridade
cidadá, establece que todos os espectáculos e actividades recreativas
quedarán suxeitos ás medidas de policía administrativa que dicte o
Goberno en atención aos fins que recolle o seu artigo 8.1.
O Real Decreto Estatal 2816/1982, de 27 de agosto, aprobou o regulamento
xeral de policía de espectáculos públicos e actividades recreativas (en
adiante RXPEPAR), establecendo a obrigatoriedade xeral de obter a
correspondente licenza municipal para a realización de calquera
espectáculo, recreo, servizo ou actividade dos relacionados nese
regulamento e as demais actividades de semellantes características, con
independencia de que sexan de titularidade pública ou privada e de que
se propoñan ou non finalidades lucrativas.
O Decreto Autonómico 292/2004, do 18 de novembro, modificado por Decreto
160/2005, do 2 de xuño, recolle o catálogo de espectáculos públicos e
actividades recreativas da Comunidade Autónoma de Galicia suxeitas ao
dito RXPEPAR.
Aqueles/as que pretendan organizar actividades de carácter festivo
suxeitas ao RXPEPAR en locais nos días de Nadal, Fin de Ano ou Reis, co
obxectivo fundamental de velar pola protección das persoas e a súa
seguridade, da hixiene e salubridade ambiental e demais fins que
persegue a lexislación vixente en materia de policía de espectáculos
públicos e actividades recreativas,
*LÉMBRASELLES:*
_Primeiro_.- En ningún local poderán ofrecer actividades, espectáculos,
diversións ou servizos sen estar provistos da correspondente licenza de
actividade/apertura municipal.
_Segundo_.- En ningún local poderán ofrecer actividades, espectáculos,
diversións ou servizos distintos daqueles para os que expresamente
estivesen autorizados pola licenza de actividade/apertura municipal.
_Terceiro._- A Delegación Provincial da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia é competente para
autorizar con carácter extraordinario espectáculos, actividades e
servizos distintos dos expresamente autorizados pola licenza municipal
existente de actividade/apertura de conformidade co previsto no artigo
45.2. do RXPEPAR. Neste suposto, a petición efectuarase ante dita
Consellería achegando a documentación que esta sinale. Unha vez
autorizada comunicarase ao Concello.
_Cuarto._- Os horarios de apertura e peche de espectáculos e
establecementos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia son os
establecidos na Orde de 16 de xuño de 2005 (DOGA nº 117, de 20 de xuño
de 2005), agás autorizacións de carácter extraordinario.
_Quinto._- Os titulares dos establecementos que permitan a consumición
das bebidas que expenden fóra do establecemento e dos lugares
autorizados, serán considerados responsables, por cooperación necesaria,
das molestias que puidesen producir, e como tal seralles de aplicación o
réxime sancionador da ordenanza municipal de protección do medio contra
a contaminación acústica.
_Sexto_.- Os titulares dos establecementos e instalacións serán
responsables da adopción ou instalación das medidas de seguridade
obrigatorias, de acordo coas normas que respectivamente as regulamenten,
así como do seu efectivo funcionamento e da consecución da finalidade
protectora e preventiva propia de cada medida, sen prexuízo da
responsabilidade en que ao respecto poidan incorrer os seus empregados.
_Sétimo._- A falla da preceptiva autorización, exceder os límites desta,
o aforo máximo autorizado, os horarios establecidos para a apertura de
establecementos, dará lugar por parte dos responsables á comisión de
infraccións tipificadas na Lei Orgánica 1/1992, que serán tramitadas
polas canles legalmente establecidas, e isto sen prexuízo de calquera
outras medidas para adoptar.
_Oitavo_.- A Autoridade Local coa Policía municipal, coa colaboración
dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, e mesmo coa colaboración
cidadá, no ámbito das súas competencias, velará polo estrito cumprimento
destas normas.
O que se publica para xeral coñecemento e cumprimento.
Vigo, 25 de novembro de 2008
O ALCALDE
Asdo.: Abel Cabellero Álvarez
*BANDO*_
_*ARTIFICIOS PIROTÉCNICOS*_
Ante a proximidade das festas de Nadal onde prolifera a venda e mailo
uso de artificios de pirotecnia recreativa (petardos, bengalas, tracas,
etc...), lémbrolle a toda a cidadanía, as normas cuxo cumprimento cómpre
observar para garantir a tranquilidade e seguridade cidadá.
_I.- Lexislación aplicable:_
- Lei orgánica 1/1992, de 21 de febreiro, sobre protección da seguridade
cidadá.
- Real decreto 230/1998, de 16 de febreiro, polo que se aproba o
regulamento de explosivos e a súas instrucións complementarias, entre a
que destaca, a instrución núm. 19 que regulamenta as normas sobre venda
e establecementos de venda de artificios pirotécnicos.
- Orde do 5 de decembro de 1991 sobre catalogación de produtos de
pirotecnia.
- Orde do 3 de outubro de 1973 que prohibe a fabricación, circulación e
venda de obxectos explosivos para uso infantil.
_
II.- Queda prohibido:_
II.1.- A venda e a subministración de produtos pirotécnicos por persoas
físicas ou xurídicas que non conten coa autorización do Subdelegado do
Goberno. As preceptivas autorizacións exhibiranse en lugares ben
visibles nos establecementos de venda. Asemade, a licenza municipal de
actividade do establecemento debe autorizar expresamente a venda destes
produtos.
II.2.- A venda dos artificios a quen se atope baixo os efectos de
bebidas alcohólicas ou substancias estupefacientes e, con carácter
xeral, a partir da media noite.
II.3.- A venda ambulante de artificios pirotécnicos.
II.4.- A fabricación, circulación e venda de calquera obxecto para uso
infantil que presente, externamente, substancias explosivas ou
detonantes susceptibles de contacto directo. Para a circulación e venda
de produtos pirotécnicos infantís, será necesario que figuren neles a
marca ou cabeceira do fabricante e o número que teña asignado polo
Ministerio de Industria. Cando non sexa posible a marcaxe directa no
produto, farase no envase que o conteña. Os produtos infantís de
importación deberán cumprir as mesmas condicións que os nacionais.
II.5.- Aos menores de 12 anos, a subministración e uso de artificios
pirotécnicos, con excepción dos pistóns de percusión para xoguete.
Enténdese como pistóns de percusión para xoguete, aquelas envolturas ou
cápsulas non metálicas que conteñen un toque de composición pirotécnica
sensible ao impacto e que produce unha pequena detonación cando se golpea.
II.6.- A manipulación ou uso dos artificios pirotécnicos nas vías
públicas e espazos públicos no termo municipal de Vigo, agás que se
conte con expresa autorización municipal.
_
III.- Control da Policía Municipal:_
A Policía Local, coa colaboración dos Corpos e Forzas de Seguridade,
velará polo estrito cumprimento da lexislación vixente, e denunciará as
infraccións que ao respecto se cometan que serán sancionadas, chegado o
caso, como faltas pola Administración competente, sen prexuízo das
responsabilidades civís ou penais que se deriven dos feitos. As sancións
irán acompañadas da incautación do material e, de ser o caso, conlevarán
o peche do establecemento responsable.
Esta Alcaldía espera unha positiva resposta de toda a cidadanía no
cumprimento deste Bando, para evitar deste modo o exercicio da potestade
sancionadora.
Vigo, 24 de novembro de 2008
O ALCALDE
Abel Caballero Álvarez
O CAT Centro de Artesanía Tradicional de Vigo, equipamento da Concellería de Patrimonio Histórico do Concello de Vigo, convoca os seus obradoiros de cestería tradicional para o 2009, un ambicioso programa formativo que ten como obxectivo a conservación e divulgación dos saberes que caracterizan este oficio tradicional.
Dividido en dous semestres, está orientado para todos os públicos, con cursos para diferentes niveis que permitirán ao alumnado achegarse ás variadas formas e técnicas da cestería galega, con especial atención á fabricada na comarca de Vigo.
PROGRAMA
1º semestre
A CESTERÍA DE VIMBIO. Iniciación.
60 h
7 de xaneiro-6 de febreiro
Luns, mércores e venres de 09:30 a 13:30 h
Luns, martes e xoves de 16:30 a 20:30 h
Nº de prazas: 7 en cada quenda
CESTAS DO RURAL: Canistrelo, Cesta mixta, Cestón do Morrazo.
90 h
9 de febreiro-27 de marzo
Luns, mércores e venres de 09:30 a 13:30 h
Luns, martes e xoves de 16:30 a 20:30 h
Nº de prazas: 7 en cada quenda
CESTOS DO MAR: Paxe de Viveiro, Cesta de Mariscar, Cesto viveiro.
100 h
30 de marzo-22 de maio
Luns, mércores e venres de 09:30 a 13:30 h
Luns, martes e xoves de 16:30 a 20:30 h
Nº de prazas: 7 en cada quenda
CESTERÍA DE USO DOMÉSTICO I: Abano, paneira, froiteiro e bandexa
60 h
25 de maio-26 de xuño
Luns, mércores e venres de 09:30 a 13:30 h
Luns, martes e xoves de 16:30 a 20:30 h
Nº de prazas: 7 en cada quenda
Os obradoiros son gratuítos. Só se pode optar a un máximo de 2 obradoiros por persoa. A inscrición poderá facerse a través da web do CAT www.vigo.org/artesania ou a través do teléfono 986220758, establecéndose un riguroso orde de entrada das solicitudes.
A Xerencia Municipal de Urbanismo vai proceder ó nomeamento interino de tres técnicos de administración xeral por acumulación de tarefas, por un periodo de seis meses.
A través deste anuncio convócase ós posibles interesados para que no prazo de sete días naturais, dende a publicación deste anuncio, presenten no Rexistro da Xerencia de Urbanismo a correspondente solicitude, achegando a documentación conforme ás bases publicadas no BOP de data 27 de novembro.
JGR/pv
Vigo, 27 de novembro 2008
O DELEGADO DE URBANISMO E VIVENDA
José Manuel Mariño Mendoza
ANUNCIO
BENESTAR SOCIAL
PROGRAMA "XANTAR NA CASA"
OBXECTO:
O programa "xantar na casa" é un servizo de comida a domicilio que pretende facilitar e garantir unha alimentación equilibrada e de calidade adaptada ás necesidades de persoas maiores e/ou dependentes, con déficits de autonomía persoal, para cubrir as súas necesidades básicas relacionadas coa compra ou elaboración de menús.
O programa "xantar na casa" artéllase a través da xestión por parte do Consorcio de Servizos de Igualdade e Benestar Social en colaboración coa Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar Social de o Concello de Vigo
BENEFICIARIOS
Son beneficiarias do programa "xantar na casa" as persoas empadroadas no Concello de Vigo e que cumpran os seguintes requisitos:
1.Persoas maiores de 60 anos, que teñan limitada a súa capacidade de autonomía persoal, e sen rede de apoio que puidera suplir tal situación.
2. Persoas dependentes, que carezan de apoio familiar, e que requiren de axuda para a preparación de alimentos.
3.Persoas menores de 60 anos e maiores de 18 en situación de exclusión social, tecnicamente avaliada polos servizos sociais do Concello e sempre que se estea intervindo desde outro programa para resolver a súa situación de exclusión.
SOLICITUDES
As persoas interesadas no servizo de "xantar na casa" deberán presentar solicitude e a documentación necesaria, no Departamento de Benestar Social (Unidades Básicas de Acción Social). Unha vez comprobada a documentación e requisitos, procederase a súa baremación, enviándose ao Rexistro Xeral do Concello.
Os xantares entregaranse nun único día da semana ás persoas beneficiarias do programa que recibirán no seu domicilio 7 bandexas diferentes co xantar para cada día da semana durante o período no que se atope de alta no servizo.
Vigo, 19 de novembro de 2008
O ALCALDE
Abel Caballero Álvarez
ANUNCIO
BENESTAR SOCIAL
A Concellería de Benestar Social vai levar a cabo a campaña "DE BOA MAN", na súa XIII edición os vindeiros días 9, 10, 11 e 12 de decembro de 2008. O proxecto consistirá na instalación dunha carpa de 5m x 10m, e outra de 4m x 4m, na rúa Príncipe, onde oito asociacións de persoas con discapacidade ,exporán e venderán os produtos que realizan.
As carpas situaranse na rúa Príncipe, esquina rúa Velázquez Moreno.
Esta actividade levarase a cabo en horario continuado de 10:00h a 20:00h.
Vigo, 19 de novembro de 2008
O ALCALDE
Do 4 ao 24 de novembro
Programa Outono Cultural
Caixanova acode puntual á súa cita co Nadal ao convocar, un ano máis, o tradicional Concurso de Belenes. O evento goza de gran aceptación por parte do público e converteuse nun referente na cidade de Vigo, onde edición tras edición confirma o seu éxito.
Nesta 43 edición do certame espérase unha enorme variedade de obras ao redor da mesma idea, a do nacemento que encerra toda a carga simbólica do Nadal. O concurso tivo sempre moi boa acollida tanto por parte dos participantes como do público, que todos os Nadais pode gozar dos orixinais e imaxinativos belenes que concursan. Este ano, ademais, quíxose achegar o concurso, por primeira vez, á cidade da Coruña.
Ao certame poden concorrer libremente todos aqueles participantes que o desexen, ben de forma individual, por grupos ou como asociación. O prazo de inscrición para anotarse será ata o día 14 de novembro en Vigo e ata o 30 na Coruña.
Os belenes que sexan presentados deberán ter unhas dimensións de 1 metro por 1 metro e, no que respecta aos materiais, poderán ser da máis diversa índole, como barro, plastilina, papel reciclado, teas, cunchas, cunha liberdade plena para que os concursantes dean renda solta á súa imaxinación e fantasía nestas datas tan emotivas.
O xurado deste certame valorará aspectos como o número de figuras presentadas, a confección das mesmas, a composición do conxunto, a súa orixinalidade e a unidade do estilo. Os premios outorgados van desde os 900 euros ao primeiro premio ata os 120 euros do quinto. No apartado de belenes construídos en colectividade por menores de 16 anos os premios son de 180 euros o primeiro, 150 euros? o segundo e 120 euros o terceiro. O xurado poderá outorgar ata 40 accésit de 60 euros.
Este ano a exposición dos Belenes terá lugar na Sala de Exposicións I do Centro Social Caixanova en Vigo e na Sala de Exposicións da Casa dá Cultura Salvador de Madariaga na Coruña desde o 16 de decembro ata o 6 de xaneiro e, como en anteriores ocasións, espérase contar cunha asistencia masiva de visitantes para gozar dun divertido malgaste de imaxinación.
Horario:<
- Sala de Exposicións do Centro Social Caixanova en Vigo: todos os días de 11 a 14 e de 17 a 21.30 horas.
- Sala de Exposicións da Casa dá Cultura Salvador de Madariaga na Coruña: todos os días de 12 a 14 e de 18 a 21 horas.
Para máis información:
María R. Bra / Mª Luz Rodríguez
Comunicación de Caixanova<
Teléfonos: 986 82 80 70
comunicacion@caixanova.com
- Lugar: Instituto Municipal dos Deportes (IMD) de Travesas
- Data: 28 de decembro de 2008, ás 18:00 horas
- Prazo de inscrición: entre os días 1 e 13 de decembro (ambos
incluídos)
- Os modelos de "Solicitude de inscrición" encontraranse na oficina de
Información Municipal, unha semana antes de que se abra o prazo de
inscrición.
Bases concurso rondallas (pdf)
Dende o departamento de comunicación do MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, achegamos convocatoria para o taller do artista Santiago Sierra, que se desenvolverá no MARCO do luns 24 ao venres 28 de novembro de 2008, destinado a artistas, estudantes de Belas Artes e disciplinas afíns.
Todas as persoas interesadas no taller, para o que se seleccionará un máximo de 10 participantes, deberán remitir a ficha de solicitude de inscrición que se acompaña) e o resto da documentación por correo postal, fax ou correo-e, segundo as indicacións que figuran na ficha de inscrición.
Convocatoria Taller Sierra (pdf)
Ficha Inscripcion (pdf
O CAT, Centro de Artesanía Tradicional, equipamento dependente da Concellería de Patrimonio Histórico do Concello de Vigo, leva desenvolvendo dende a súa creación un ambicioso programa de protección, recuperación e difusión do patrimonio etnográfico, atendendo con especial atención á artesanía tradicional.
Unha das súas prioridades é a de achegar a toda a cidadanía os valores deste patrimonio organizando anualmente o seu Seminario Galego de Etnografía. Para a súa III edición contará coa presencia do escritor e catedrático de Escola Universitaria de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago XAVIER CASTRO PÉREZ, que nos achegará aos modos
da vida cotiá dos galegos na época contemporánea.
O prazo de inscrición remata o 13 de novembro. Máis información en e matrícula on-line en www.vigo.org/artesania
Programa (pdf)
1. O Diario Oficial de Galicia publicou o 23 de Outubro, a orde do 16 de outubro pola que se regula desde a Consellería de Cultura e Deporte e a Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia, o réxime de concesión de subvencións a clubs e entidades deportivas sen ánimo de lucro de Galicia para axuda a equipos femininos de categoría xuvenil ou similar para a temporada 2008-09.
2. Beneficiarios: Poderán acceder a esta subvención, destinada a axudas aos gastos de transporte, aloxamento e manutención, así como para dotar de equipamento de xogo (pantalón, camisola e medias), os clubs ou entidades deportivas sen ánimo de lucro de Galicia que na tempada 2008/2009 participen en competicións oficiais e posúan deportistas femininas encadradas en equipos de categoría xuvenil ou categoría similar naquelas modalidades deportivas onde non exista esta categoría, e co requisito de posuír deportistas femininas nas dúas categorías inmediatas inferiores (infantil e cadete) e inmediata superior.
3. Requisito: Estar inscrito no Rexistro de Asociacións Deportivas e Deportistas de Galicia da Dirección Xeral para o Deporte.
4. O prazo de presentación das solicitudes: 32 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
5. Orzamento: 150.000 euros. Ademais, as axudas concedidas ao abeiro desta orde poderán acadar como máximo o 70% do orzamento presentado sobre os gastos subvencionables e en ningún caso a axuda superará os 5.000 € por beneficiario.
6. Máis información: No DOG 206 do 23 de Outubro de 2008 (Acceso Directo).
Acceso ao Doga (pdf)
ANUNCIO
MUSEO MUNICIPAL DE VIGO "QUIÑONES DE LEÓN"
A X.G.L. na sesión extraordinaria e urxente do 13 de marzo de 2008 aprobou as bases da convocatoria de 4 bolsas: 1 de arte, 2 de arqueoloxía, 1 de acción didáctica.
As Bases pódense atopar: na web do Museo (www.museodevigo.org), na web do Concello (www.vigo.org) e no Rexistro Xeral do Concello.
Prazo de presentación ata o 15 de abril de 2008: 10 días hábiles dende a publicación no BOP (3 abril 2008).
Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello.
A Concellería de Igualdade do Concello de Vigo abre o prazo de inscrición para os seguintes cursos de carácter gratuíto, dentro da campaña "Vivir en parella é cousa de 2" :
CURSOS PARA MULLERES E HOMES .-
Podo comunicarme mellor
Destinatarios/as: Homes e mulleres que desexen entender ou mellorar as súas relacións cos/coas demais: comunicación, emocións, resolución conflitos, etc.
Inicio: sábado 26 de abril. 20 horas.
Coidado das persoas dependentes
Contidos: hixiene, alimentación, mobilización, descanso e sono, coidar a quen coida ,etc.
Inicio: xoves 24 de abril. 30 horas.
CURSOS PARA MULLERES.-
Reparacións domésticas básicas.
Contidos: fontanería, electricidade, peches, mobles, electrónica.
Inicio: xoves 24 de abril. 30 horas.
Mecánica e electricidade do automóbil
Contidos: motor, a dirección, a transmisión, solución de avarías, freos, neumáticos, mantemento.
Inicio: mércores 23 de abril. 30 horas
CURSOS PARA HOMES.-
Preparo, cociño e comparto
Contidos: Elaboración de menús. Organización e distribución de alimentos no frigorífico. Cesta da compra.
Inicio: luns 5 de maio. 30 horas.
Os coidados que necesita a nosa roupa
Contidos: técnicas de pasar o ferro, lavado, estendido e dobrado de roupa, costura, marcado de prendas . Inicio: martes 22 de abril. 20 horas.
Requisitos para todos os cursos: Ser maior de idade, estar empadroado/a no Concello de Vigo e inscribirse nalgún curso que non realizara noutras edicións.
Inscricións desde o día 7 ao 18 de abril de 2008 (inclusive), as prazas son limitadas.
As inscricións realizaranse na Concellería de Igualdade, 1ª planta da Casa do Concello de Vigo, ou ben a través do tfno. 986 810 284, en horario de 8.00 a 15.00 h.
Máis información: www.vigo.org/igualdade
Tras a publicación o 2 de abril de 2008 no boletín oficial da provincia da convocatoria de subvencións para o fomento de actividades socioculturais (aprobadas pola Xunta de Goberno local o 13 de marzo), ábrese o prazo para a presentación de solicitudes de subvencións para o fomento de actividades socioculturais para o ano 2008.
As persoas interesadas en concorrer a esta convocatoria presentarán as solicitudes no Rexistro xeral do Concello, ben directamente ou por calquera das formas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
O prazo de presentación de solicitudes estabelécese en vinte días naturais a contar desde a publicación da convocatoria no BOP: do 3 ata o 22 de abril de 2008, ambos incluídos.
Toda a información relativa á convocatoria, bases, modelos de solicitude e formularios está dispoñíbel nos servizos de información do Concello de Vigo, na páxina web (www.vigo.org) e no servizo de Animación sociocultural.
-Obxecto da convocatoria: Fomentar a participación xuvenil dos/das mozos/as dentro dos diferentes ámbitos sociais, facilitando o desenvolvemento de actividades promovidas por entidades e/ou grupos xuvenís.
-Destinatarios: - Asociacións e entidades sen ánimo de lucro específicamente xuvenís - Outras entidades e/ou asociacións non específicamente xuvenís - Grupos de mozos non constituidos como asociación
-Crédito da convocatoria: 12.000 €
-Publicación: BOP de 2 de abril de 2008
-Prazo: Ata o 2 de maio de 2008
A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo, na sesión extraordinaria do 13 de marzo de 2008, aprobou a "Convocatoria específica para a concesión de subvencións a entidades deportivas de Vigo en relación á actividade deportiva da tempada 2007/2008" (BOP 2 de abril de 2008), e a tal fin destina no seu orzamento do ano 2008 con cargo á partida orzamentaria 4521.489.00.00 "Subvención a clubes e entidades sen fin de lucro, un importe total de 569.000 euros (cincocentos sesenta e nove mil euros).
Esta convovatoria, como establece no seu artigo 2, está destinada a entidades deportivas sen fins de lucro que reúnan os requisitos establecidos , co obxecto de fomentar o deporte e a práctica deportiva.
Tal como estabrece o artigo 6 das bases, o prazo para presentar as solicitudes, será de 30 días naturais contados dende o día seguinte a súa publicación no BOP, é dicir o 2 de maio de 2008.
As bases e os anexos desta convocatoria están na páxina Web do Concello, www.vigo.org
CONVOCATORIA ESPECÍFICA PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DEPORTIVAS DE VIGO PARA A ORGANIZACIÓN DE EVENTOS E ACTIVIDADES DEPORTIVAS DURANTE O ANO 2008
A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo, na sesión extraordinaria do 13 de marzo de 2008, aprobou a "Convocatoria específica para a concesión de subvencións a entidades deportivas de Vigo para a organización de eventos e actividades deportivas durante o ano 2008" (BOP 2 de abril de 2008), e a tal fin destina no seu orzamento do ano 2008 con cargo á partida orzamentaria 4521.489.00.01 "Subvencións eventos deportivos", por un importe total de 130.000 euros (cento trinta mil euros).
Esta convovatoria, como establece no seu artigo 2, está destinada a entidades deportivas sen fins de lucro que reúnan os requisitos establecidos , co obxecto de fomentar o deporte e a práctica deportiva.
Tal como estabrece o artigo 6 das bases, o prazo para presentar as solicitudes, será de 30 días naturais contados dende o día seguinte a súa publicación no BOP, é dicir o 2 de maio de 2008.
As bases e os anexos desta convocatoria están na Web do Concello, www.vigo.org
A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 3 de marzo de 2008, adoptou entre outros, o seguinte acordo relativo á aprobación das normas reguladoras do funcionamento das listas de reserva derivadas da execución das ofertas de emprego público do concello de Vigo.
"Primeiro.- Aprobar as "NORMAS REGULADORAS DO FUNCIONAMENTO DAS LISTAS DE RESERVA DERIVADAS DA EXECUCIÓN DAS OFERTAS DE EMPREGO PÚBLICO DO CONCELLO DE VIGO" anexas ao presente acordo, que terán validez en relación coas ofertas de emprego público que execute o Concello de Vigo, dispoñendo a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de edictos da Casa do Concello aos efectos do seu público coñecemento.
Segundo.-Contra o presente acordo poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo de 1 MES a contar dende o día seguinte ó da súa notificación ou publicación, ou ben recurso contencioso-administrativo perante os Xulgados do Contencioso-Administrativo de Vigo, no prazo de 2 MESES tamén dende o día seguinte ao notificación ou publicación do acto administrativo que poña fin á vía administrativa, nos supostos, termos e condicións do previsto nos artigos 8, 25 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, Reguladora da Xurisdicción Contencioso-Administrativa."
Ver normativa (PDF)
O Pleno do Concello de Vigo, en sesión ordinaria de 25 de febreiro de 2008, adoptou o seguinte acordo:
"Primeiro.- Aprobar inicialmente a Ordenanza Municipal reguladora das operacións de carga e descarga de mercadorías nas vías urbanas (exp. nº 74358/210).
Segundo.- Abrir un período de información pública polo prazo de 30 días para a presentación de reclamacións e suxestións.
Terceiro.- Declarar que, consonte ao establecido no artigo 49.c) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local (LRBRL), de non se presentar ningunha reclamación ou suxestión, entenderase definitivamente aprobado o acordo ata entón provisional, debendo publicarse o texto íntegro da Ordenanza no BOP, entrando en vigor aos 15 días hábiles da s&uac
