Actualidade: Convocatorias
Convocatorias
- 21/11/2008: CONVOCATORIA PARA O ANO 2008 DO "PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS", NO MARCO DO PLAN MUNICIPAL DE EMPREGO 2008-2011.
- 13/11/2008: CONVOCATORIA PARA O ANO 2008 DO PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CONTRATACIÓN", NO MARCO DO PLAN MUNICIPAL DE EMPREGO 2008-2011.
- 02/04/2008: DEPORTES: Xustificación Convocatoria específica para a concesión de subvencións a entidades deportivas de Vigo para a organización de eventos e actividades deportivas durante o ano 2008.
- 02/04/2008: ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL: Convocatoria de subvencións para o fomento de actividades socioculturais 2008
CONVOCATORIA PARA O ANO 2008 DO "PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS", NO MARCO DO PLAN MUNICIPAL DE EMPREGO 2008-2011.
Data de publicación: 21/11/2008Data de fin de prazo: 03/12/2008
A Xunta de Goberno Local , na súa sesión de data 11de novembro de 2008, a proposta da Concellería de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá, aprobou as bases reguladoras e a convocatoria do ano 2008 do "Programa de axudas municipais á creación de empresas", no marco das actuacións do Plan municipal de emprego 2008-2011, as cales foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de data 21de novembro de 2008.
O prazo de presentación de solicitudes vai dende o día seguinte a data de publicación no BOP ata o 3 de decembro de 2008.
Bases Convocatoria (pdf)
Anexo I Solicitude (pdf)
Anexo 1 bis axudas (pdf)
Anexo 2 transferencia axudas (pdf)
Anexo 3 Declaración (pdf)
Anexo 4 Aceptación Seguimento (pdf)
Memoria Proxecto Empresarial (pdf)
Anexo 6.Declaración Non estar incurso (pdf)
Anexo 7 Actividades emerxentes
Anexo 8.Plano Casco Vello (pdf)
Anexo 9.Relación Facturas (pdf)
CONVOCATORIA PARA O ANO 2008 DO PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CONTRATACIÓN", NO MARCO DO PLAN MUNICIPAL DE EMPREGO 2008-2011.
Data de publicación: 13/11/2008Data de fin de prazo: 01/12/2008
A Xunta de Goberno Local , na súa sesión de data 13 de outubro de 2008, a proposta da Concellería de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá, aprobou as bases reguladoras e a convocatoria do ano 2008 do "Programa de axudas municipais á contratación", no marco das actuacións do Plan municipal de emprego 2008-2011, as cales foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de data 13 de novembro de 2008.
O prazo de presentación de solicitudes vai dende o día seguinte a data de publicación no BOP ata o 1 de decembro de 2008.
BASES CONVOCATORIA SUBVENCIONS (pdf)
ANEXO I SOLICITUDE (PDF)
Anexo I Bis AXUDAS CONTRATACION
_____________________________________
Documentación:
DEPORTES: Xustificación Convocatoria específica para a concesión de subvencións a entidades deportivas de Vigo para a organización de eventos e actividades deportivas durante o ano 2008.
Data de publicación: 02/04/2008Data de fin de prazo: 02/05/2008
Data fin de prazo entrega documentación:
O prazo máximo para a presentación da xustificación:
- Eventos realizados con anterioridade á recepción da resolución desta convocatória: Terán de prazo 60 dias hábiles dende a notificación da subvención.
- Eventos non realizados no momento de recibir a notificación: 60 dias hábiles seguintes a sua finalización, e en todo caso sempre antes do 12 de decembro de 2008.
Documentación:
ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL: Convocatoria de subvencións para o fomento de actividades socioculturais 2008
Data de publicación: 02/04/2008Data de fin de prazo: 22/04/2008
Tras a publicación o 2 de abril de 2008 no boletín oficial da provincia da convocatoria de subvencións para o fomento de actividades socioculturais (aprobadas pola Xunta de Goberno local o 13 de marzo), ábrese o prazo para a presentación de solicitudes de subvencións para o fomento de actividades socioculturais para o ano 2008.
As persoas interesadas en concorrer a esta convocatoria presentarán as solicitudes no Rexistro xeral do Concello, ben directamente ou ben por calquera das formas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
O prazo de presentación de solicitudes estabelécese en vinte días naturais a contar desde a publicación da convocatoria no BOP: do 3 ata o 22 de abril de 2008, ambos incluídos.
Toda a información relativa á convocatoria, bases, modelos de solicitude e formularios tamén está dispoñíbel nos servizos de Animación sociocultural e de Información do Concello de Vigo.
