Volver á paxina principal

Buscar na web

O tempo en Vigo

Mañá
Tarde
Noite
tempo
tempo
tempo
Temperatura min/max: 14/22ºC
Datos de MeteoGalicia
logo web

Noticias (Ir ao Xornal)

Suscríbete ás noticias do Xornal de Vigo: RSS

Foto noticia
O alcalde e o conselleiro de Medioambiente garanten a normalidade das augas do Lagares e Samil
O alcalde, Abel Caballero, e o conselleiro de Medioambiente da Xunta de Galicia, Manuel Vázquez, deron este luns por concluída a crise medioambiental derivada do incendio da fin de semana no polígono industrial de O Gorxal afirmando que as análises garanten "con rotundidade" que o río Lagares e Samil "recuperan o seu estado de normalidade", polo que no areal vigués ondeará hoxe a bandeira verde que a fai apta ao baño.
Foto noticia
Santi Domínguez inaugura a Festa do Comercio co obxectivo de dinamizar comercialmente As Travesas
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, inaugurou hoxe unha nova edición da Festa do Comercio que nesta ocasión terá como escenario a zona de As Travesas. Ao longo de toda a semana haberá actividades, concursos e obradoiros na Praza do Emigrante co obxectivo de dinamizar e facer atraínte á zona a nivel comercial.
A concelleira María Méndez reafirma o compromiso do Concello no Día Internacional do Cooperante
A concelleira de Benestar, María Méndez, reafirmou hoxe na celebración do Día Internacional do Cooperante, o compromiso do Concello cos acordos internacionais en materia de cooperación. A concelleira anunciou que o seu departamento ampliará paulatinamente as partidas destinadas á cooperación co obxectivo de incrementar o apoio que desde o Concello se ven ofrecendo ás políticas dirixidas á erradicación da pobreza e as desigualdades no mundo.
Foto noticia
O Trofeo Cidade de Vigo de Baloncesto disputarase este mércores nas Travesas con entradas a 3 euros
A IV edición do Trofeo Cidade de Vigo de baloncesto masculino dispútase este mércores no pavillón central das Travesas (20.00 horas) con formato de tres por un. Ovarense, campión de Portugal, Beirasar Rosalía, equipo santiagués de LEB Ouro, e o Gestibérica, conxunto vigués de LEB Prata, buscarán a vitoria despois de que nas anteriores edicións o torneo fose para o Breogán lucense (2004 e 2005) e o Gestibérica (2007).

e ademais

noticias Impresión e pagamento de recibos na web do Concello
A web municipal permítelles aos cidadáns pagar os recibos das taxas e impostos municipais mediante o uso do pagamento electrónico a través de Internet.
- Pagamento de recibos.
- Pago mediante a carpeta do cidadan.
- Imprimir directamente o recibo.