Volver á paxina principal

Buscar na web

O tempo en Vigo

Mañá
Tarde
Noite
tempo
tempo
tempo
Temperatura min/max: 16/21ºC
Datos de MeteoGalicia
logo web

Noticias (Ir ao Xornal)

Suscríbete ás noticias do Xornal de Vigo: RSS

Foto noticia
Santi Domínguez reclama a presenza en Vigo da ministra de Fomento para aclarar o proceso de expropiación polo AVE
O tenente de alcalde, o nacionalista Santi Domínguez, reclamou este venres a presenza en Vigo da ministra de Fomento "para que aclare a situación que se está a producir en relación ás expropiacións das fincas afectadas pola entrada do AVE na cidade".
Foto noticia
A Policia Local adquire un inspector para medir a contaminación acústica dos vehículos
O "inspector de ruidos de vehículos", operativo a vindeira semana, mide automáticamente os niveis sonoros dos vehículos a motor a través dun micrófono e identificando á vez as revolucións por minuto do motor, co obxectivo de dar cumprimento á nova ordenanza municipal de ruidos. Este sinxelo sistema permite a medición a realice un único operario.
A exposición "Centenario de Curros Enríquez" inaugúrase mañá na rúa do Príncipe
A rúa do Príncipe (diante do museo Marco) acolle dende mañá e ata o vindeiro 20 de xullo a exposición "Centenario de Curros Enríquez", segundo anunciou este venres o concelleiro de Cultura, Xesus López. O obxectivo da mostra, sinalou o edil do BNG, radica en "achegar a figura do poeta de Celanova á cidadanía no centenario do seu pasamento".
Esta noite da comezo o festival "Vigo un mar de corais" no Verbum
Un total de 30 corais amosarán todo o seu traballo anual no Museo do Verbum durante as fins de semana de xullo e a primeira de agosto. O programa, que se enmarca dentro das Festas de Vigo, terá o seu colofón final no Auditorio de Castrelos coa celebración dun gran concerto

e ademais

noticias Impresión e pagamento de recibos na web do Concello
A web municipal permítelles aos cidadáns pagar os recibos das taxas e impostos municipais mediante o uso do pagamento electrónico a través de Internet.
- Pagamento de recibos.
- Pago mediante a carpeta do cidadan.
- Imprimir directamente o recibo.

Convocatorias (Ver todas)

Subscríbete ás Convocatorias do Concello de Vigo: RSS
Subscríbete ás Ofertas de Emprego do Concello de Vigo: RSS