O Servizo de Normalización Lingüística (SNL), constitúe un instrumento indispensable nos procesos de recuperación e dinamización da lingua. Os seus obxectivos prioritarios son incrementar o coñecemento e mailo uso do galego, así como recobrar o prestixio da propia lingua, garantindo a súa presenza en todos os ámbitos.
O labor do SNL desenvólvese en dúas vertentes, lingüística e dinamizadora, e en dous campos de actuación, a administración e o termo municipal. As súas accións céntranse fundamentalmente en:
-Corrección e asesoramento lingüístico a particulares e empresas.
-Información sobre cursos de lingua galega, lexislación, dereitos e deberes lingüísticos, materiais, axudas económicas para a galeguización...
-Campañas que incidan no uso e valoración da lingua galega, actuacións estas realizadas individualmente polo Concello ou conxuntamente con outras institucións, asociacións... e sempre implicando nelas aos vigueses.
Na procura de involucrar á participación dos cidadáns xorde a Comisión Cidadá de Normalización Lingüística.
O SNL do Concello de Vigo é unha ferramenta á disposición de todos os cidadáns.