Actualidade
Temática: Igualdade
Data de publicación: 2024-04-22
Proceso de inscrición para todos os cursos:
Prazo de inscrición: dende a publicación da presente convocatoria e ata cubrir prazas.
Ficha de inscrición: deberase cubrir os datos solicitados na ficha de inscrición. O curso de formación en igualdade para monitorado ten unha ficha específica.
Presentación da Ficha de inscrición: enviarase por vía telemática unha ficha asinada por cada unha das actividades solicitadas a casadasmulleres@vigo.org ou ofi.muller@vigo.org
No caso que non sexa posible a vía telemática, farase a entrega presencial da ficha de inscrición asinada na Casa das Mulleres, de luns a venres, 17:30-21:30.
Criterios de admisión nas actividades: Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Vigo (farase a correspondente comprobación) e que non fixeran ese mesmo obradoiro en pasadas edicións (agás as alumnas do obradoiro de canto para mulleres “Con voz propia”). Logo seguirase o criterio de orde de entrada da solicitude.
Sempre será necesaria a inscrición previa, tendo en conta que se traballará con capacidade limitada.
Confirmación da praza: unha vez admitida comunicarase por enderezo electrónico ou por teléfono.
Máis información nos documentos adxuntos
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100