Gerencia Municipal de Urbanismo

Noticias

Lista de noticias

Noticias

2024-05-10. O goberno local aprobará o Plan de Infraestruturas e Dotacións para a Biblioteca do Estado

Foto noticia
O alcalde deu conta da aprobación de xeito provisional do Plan Especial de Infraestruturas e dotacións que a Xerencia de Urbanismo dará luz verde o martes 14 de maio. A Biblioteca do Estado ten comprometido por parte do Goberno de España un orzamento de 22 millóns de euros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-05-07. O Concello contratará un informe para estudar se hai zonas de Vigo con alugueiro tensionado

Foto noticia
Un estudo permitirá ao Concello de Vigo determinar se na cidade hai zonas con alugueiros moi caros, tal e como anunciou esta mañá o rexedor. As conclusións dese informe permitirán ao goberno local iniciar o procedemento para obrigar á Xunta de Galicia a buscar solucións dado que é a administración competente. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-05-06. O Concello xa financiou 88 actuacións para mellorar a accesibilidade en edificios residenciais

Foto noticia
A Xerencia de Urbanismo aprobará mañá as bases das axudas para mellorar a accesibilidade en edificios residenciais. As comunidades ou grupos de propietarios poderán recibir achegas de ata 3.000 euros para instalar ascensores ou eliminar barreiras arquitectónicas. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-04-26. O Concello dá un paso máis para a construción da Biblioteca do Estado

Foto noticia
O goberno local aprobará o martes que vén o Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións da Biblioteca do Estado o que permitirá avanzar na construción desta dotación. En tres meses, o Concello estará en condicións de cederlle os terreos ao Ministerio de Cultura. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-04-19. Concello e Goberno de España colaborarán na construción de vivenda de alugueiro taxado

Foto noticia
O alcalde mantivo unha xuntanza co secretario de Estado de Vivenda, David Lucas, na que propuxo ao Goberno de España colaborar na construción de vivenda de alugueiro taxado para a xuventude. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-04-15. O Concello promove 27 vivendas en Esturáns que estarán rematadas en xullo de 2026

Foto noticia
O alcalde achegouse esta mañá á parcela municipal de Esturáns na que se vai construír un edificio enerxeticamente eficiente distribuído en 27 novas vivendas que sairán ao mercado en réxime de alugueiro social. O Concello xa está redactando o proxecto e as vivendas estarán rematadas en xullo de 2026. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-04-12. O Concello executará un acceso "seguro" ao Ceip Párroco don Camilo

Foto noticia
O Consello da Xerencia de Urbanismo aprobará inicialmente o Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións para dotar ao centro educativo dunha nova entrada desde a estrada de Camposancos por un importe de 1,1 millón de euros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-04-09. O goberno local promove a construción de 27 vivendas de alugueiro social en Esturáns

Foto noticia
Vigo contará en Esturáns cun edificio enerxeticamente eficiente distribuído en 27 novas vivendas que sairán ao mercado en réxime de alugueiro. O Concello sacará a concurso a construción de dereito de superficie sobre unha parcela municipal co obxectivo de que xestione esta iniciativa durante 50 anos. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-03-25. Comeza a obra para a construción dunha "grande praza pública" en Hernán Cortés

Foto noticia
O alcalde avanzou que o Diario Oficial de Galicia publica este luns a aprobación inicial do proxecto de reparcelamento da rúa Hernán Cortés na súa confluencia con María Berdiales e Doutor Colmeiro Laforet. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-03-22. A Xerencia de Urbanismo aprobará o convenio para a construción do IES de Navia

Foto noticia
O alcalde celebra que a mocidade de Navia vaia dispoñer dun instituto na súa zona de residencia e valora que xa non "hai marcha atrás\" na decisión da construción, logo da sinatura do convenio entre o Concello e a Xunta. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
 

Ayuntamiento de Vigo

Plaza del Rey 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100