Actualidade

Avisos de tráfico

Pechado ao tráfico, en horario nocturno (22:30 a 05:30 ), o TÚNEL DE BEIRAMAR

Data de publicación: 02-05-2024

Data de inicio: 05-05-2024

Data de fin: 08-05-2024

Poñemos en coñecemento do público en xeral que, dende o 5 de maio de 2024 ata o 8 de maio de 2024 , por mor da obra de conservación e mellora do túnel de Beiramar, a realizar pola empresa Ute Esycsa Etra I+D Moveas Vigo Ley 18/1, estará pechado ao tráfico, en horario nocturno (22:30 a 05:30 ), o TÚNEL DE BEIRAMAR, Os traballos comezan na alborada do Domingo 05 Maio e rematan na alborada do Mércores 08 de Mayo, en horario nocturno de 22.30 a 05.30 am. do seguinte xeito: Noite do Domingo 05 ao Luns 06 de Maio (corte lado Terra) Noite do Luns 06 ao Martes 07 de Maio (corte Total) Noite do Martes 07 ao Mércores 08 de Maio (corte lado Terra) para ampliación de sistema DAI no túnel de Beiramar. A noite de ocupación do túnel de Beiramar, lado mar e coa fin de garantir a circulación viaria, habilitarán un carril de circulación na Pza Compostela, entre Areal e Cánovas del Castillo, sentido cara a Cánovas del Castillo.

Para habilitar o devandito carril, taparán o sinal R101 sito no cruzamento de Areal con Pza Compostela mentres duren os traballos.

Ao rematar os traballos destaparán o sinal R101.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100