2024-04-26. O Concello dá un paso máis para a construción da Biblioteca do Estado
O goberno local aprobará o martes que vén o Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións da Biblioteca do Estado o que permitirá avanzar na construción desta dotación. En tres meses, o Concello estará en condicións de cederlle os terreos ao Ministerio de Cultura. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2024-04-19. Concello e Goberno de España colaborarán na construción de vivenda de alugueiro taxado
O alcalde mantivo unha xuntanza co secretario de Estado de Vivenda, David Lucas, na que propuxo ao Goberno de España colaborar na construción de vivenda de alugueiro taxado para a xuventude. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2024-04-15. O Concello promove 27 vivendas en Esturáns que estarán rematadas en xullo de 2026
O alcalde achegouse esta mañá á parcela municipal de Esturáns na que se vai construír un edificio enerxeticamente eficiente distribuído en 27 novas vivendas que sairán ao mercado en réxime de alugueiro social. O Concello xa está redactando o proxecto e as vivendas estarán rematadas en xullo de 2026. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2024-04-12. O Concello executará un acceso "seguro" ao Ceip Párroco don Camilo
O Consello da Xerencia de Urbanismo aprobará inicialmente o Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións para dotar ao centro educativo dunha nova entrada desde a estrada de Camposancos por un importe de 1,1 millón de euros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2024-04-09. O goberno local promove a construción de 27 vivendas de alugueiro social en Esturáns
Vigo contará en Esturáns cun edificio enerxeticamente eficiente distribuído en 27 novas vivendas que sairán ao mercado en réxime de alugueiro. O Concello sacará a concurso a construción de dereito de superficie sobre unha parcela municipal co obxectivo de que xestione esta iniciativa durante 50 anos. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2024-03-25. Comeza a obra para a construción dunha "grande praza pública" en Hernán Cortés
O alcalde avanzou que o Diario Oficial de Galicia publica este luns a aprobación inicial do proxecto de reparcelamento da rúa Hernán Cortés na súa confluencia con María Berdiales e Doutor Colmeiro Laforet. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2024-03-22. A Xerencia de Urbanismo aprobará o convenio para a construción do IES de Navia
O alcalde celebra que a mocidade de Navia vaia dispoñer dun instituto na súa zona de residencia e valora que xa non "hai marcha atrás\" na decisión da construción, logo da sinatura do convenio entre o Concello e a Xunta. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2024-03-15. A cidade sumará unha nova praza pública de case 2.000 m2 na peonil do Calvario
A peonil do Calvario contará cun novo espazo público de preto de 2.000 m2 á altura dos números 136-138 da rúa Urzáiz. Esta actuación permitirá abrir unha conexión peonil entre esta rúa e San Roque. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2024-03-11. O goberno de Vigo asume a Praza de Vialia durante 50 anos
A Xunta de Goberno aprobou o convenio entre o Concello e Ceetrus polo que a maior parte da praza pasa a ser de titularidade municipal. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2024-03-01. O alcalde valora o "extraordinario" proxecto seleccionado para a construción de vivendas e espazos dotacionais en Barreiro
O primeiro premio do concurso de ideas fallado hoxe foi para H.E.Co (Híbrido, Ecolóxico e Cohabitacional), un proxecto que recolle a construción de 88 vivendas, tamén de protección pública, un centro cívico, auditorio e aparcamento. "Un espazo referencial para uso cidadá\" en Lavadores. (Ver noticia en xornal.vigo.org)