Educación

Noticias de Educacion

Lista de noticias

Noticias

2024-05-20. Estudantado do Colexio Montesol pechan as visitas didácticas do programa "A máquina do tempo"

Foto noticia
Estudantes do Colexio Montesol protagonizaron hoxe a última visita aos escenarios da Reconquista de Vigo do dominio das tropas napoleónicas, incluída nas actividades didácticas organizadas polo Concello dentro do programa "A máquina do tempo". Abel Caballero transmitiulles a mensaxe, compartida cos 1.200 escolares de quinto e sexto de primaria, que participaron na iniciativa municipal sobre a importancia de coñecer a historia de Vigo e de forma especial da Reconquista da cidade. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-05-20. O Concello adxudica por preto de dous millóns o contrato do mantemento e vixilancia dos colexios públicos

Foto noticia
Abel Caballero anunciou este luns a adxudicación, por preto de dous millóns de euros en dúas anualidades, do mantemento, conservación e vixilancia dos colexios públicos de Vigo, garantindo que o cento por cento dos centros contarán con estes servizos . (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-05-16. Estudantado do Colexio Jesuitinas-Miralba interénsanse por a actividade municipal co programa "Coñece o teu Concello"

Foto noticia
Abel Caballero explicou hoxe a 25 alumnos de quinto de primaria do Colexio Jesuitinas-Miralba, que participan no programa municipal "Coñece ou teu Concello", a importancia do traballo que desenvolve o Concello en múltiples aspectos da actividade cotiá de toda a cidadanía de Vigo, así como con programas que afecta directamente aos estudianes como as bolsas de libros ou de inglés . "Quero que veais como é o concello e como traballamos", indicou o rexedor. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-05-16. Alumnado do colexio A Nosa Señora da Esperanza percorren a Reconquista co programa municipal "A máquina do tempo"

Foto noticia
O alcalde animou hoxe aos alumnos do colexio A nosa Señora da Esperanza a coñecer a historia de Vigo, especialmente dos episodios vividos en 1809 durante a Reconquista da cidade do dominio das tropas napoleónicas. Os estudantes percorreron, co soldado francés Pierre da Pierre, os principais escenarios onde se desenvolveu a xesta dos vigueses co programa municipal "A Máquina do Tempo-Reconquista 2024" . Un total de 23 colexios de Vigo, e máis de 1.200 estudantes, participan na iniciativa didáctica. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-05-15. O goberno local aprobará en Xunta de Goberno a adxudicación do Vigo en Inglés para os anos 2024 e 2025

Foto noticia
Abel Caballero explicou que a adxudicación terá \"un custe de practicamente 3 millóns de euros por ano", sinalando que "o custe da beca por alumno é de 3.235?" para cada unha das 925 becas. Destacou que "este proxecto só o ten Vigo en toda España\". (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-05-14. Alumnado do Colexio Quiñones de León aproxímase á Reconquista co programa municipal "A máquina do tempo"

Foto noticia
Abel Caballero trasladou este martes a 40 alumnos do Colexio Quiñones de León a importancia de "coñecer ben a historia da cidade" e de gozar coa actividade organizada polo goberno local: "A Máquina do Tempo- Reconquista 2024". Os escolares percorreron as principais rúas onde en 1809 a cidadanía viguesa protagonizou a expulsión das tropas francesas de Napoleón. A iniciativa didáctica municipal aproxima un dos principais episodios históricos de Vigo a 1.200 estudantes de 5 y 6 de primaria. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-05-14. O estudantado do CEIP Balaídos interésase pola actividade municipal no programa "Coñece o teu Concello"

Foto noticia
Alumnado do centro percorreu este martes as dependencias dos principais servizos do Concello de Vigo para coñecer o funcionamento e as actividades que desenvolve a administración local. Os 50 estudantes que participaron no programa municipal "Coñece ou teu Concello" foron recibidos polo alcalde. Abel Caballero trasladoulles a importancia das decisións que se adoptan na Casa do concello, ademais de responder ao interese dunha das alumnas polo río Lagares. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-05-13. Alumnado do Colexio Monterrey percorren os escenarios da Reconquista do programa municipal "A Máquina do Tempo"

Foto noticia
As rúas chave onde se desenvolveu en 1809 a Reconquista de Vigo foron percorridas este luns polos 50 alumnos do Colexio Monterrey que participan na actividade municipal "A Máquina do Tempo-Reconquista 2024". Os estudantes foron recibidos no Concello polo alcalde Abel Caballero, quen lles animou a mellorar o coñecemento da historia e a participar activamente no roteiro histórico que seguiron os vigueses do século XIX para recuperar á cidade do dominio das tropas francesas. O Concello de Vigo achega a Reconquista a preto de 1200 escolares de 5 e 6 de Primaria. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-05-13. As escolas municipais de Música e Teatro presentan o espectáculo "Lingua guapa"

Foto noticia
O Auditorio Municipal acollerá o xoves 16 de maio "Lingua guapa", un espectáculo froito da colaboración das escolas municipais de Música e de Teatro que se representará ás 20,00 h. O acceso é gratuíto previa invitación, tal e como explicou hoxe o rexedor. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-05-08. Novos actores "debutan" nas "XIV Xornadas Municipais de Teatro Escolar"

Foto noticia
Abel Caballero animou ao alumnado do Ceip Belesar e da Escola Municipal de Teatro, que participaron este mércores nas "XIV Xornadas Municipais de Teatro Escolar", a seguir vinculados ás artes escénicas como actores e como espectadores. Insistiulles nas capacidades e as destrezas que se desenvolven a través da representación teatral e puxo en valor a achega do Concello a través da Escola Municipal de Teatro. Aproximadamente 1.100 alumnos e alumnas participan nesta experiencia teatral. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
 

Ayuntamiento de Vigo

Plaza del Rey 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100