Patrimonio Histórico

Noticias de Patrimonio Histórico

Lista de noticias

Noticias

2024-05-20. O goberno local organiza unha ampla programación durante o Festival TAC!

Foto noticia
Amais da construción do pavillón efémero en Porta do Sol, o Concello programará distintas actividades en torno á arquitectura desde o 13 de xuño ata o 14 de xullo. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-05-09. O alcalde anima á cidadanía a visitar a Galería subterránea e o polvorín do Castro

Foto noticia
As visitas guiadas á fortaleza de O Castro proseguen con éxito na cidade e xa son case 6.000 as persoas que presenciaron a recreación da gran batalla naval de 1719. Abel Caballero lembrou que que os percorridos son gratuítos e concértanse a través do 010. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-05-06. Que Faena(r)!, pavillón temporal do Festival TAC na Porta do Sol

Foto noticia
Abel Caballero valorou o "extraordinario" deseño do pavillón seleccionado para acoller a sede viguesa do festival de arquitectura urbana que encherá de actividades a Porta do Sol entre o 13 de xuño e o 14 de xullo. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-05-03. Vigo rexistra unha ocupación hoteleira do 59% no mes de abril

Foto noticia
O alcalde cifrou a ocupación hoteleira por turistas internacionais nun 39% do total. A Xunta de Goberno adxudicou os servizos para a divulgación dos espazos musealizados no Castro. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-04-19. O goberno local adxudica a redacción do proxecto do túnel entre Elduayen e Torrecedeira

Foto noticia
A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a adxudicación deste contrato que permitirá prolongar o túnel da rúa Elduayen ata a rúa Torrecedeira a través do Barrio do Cura por un importe de 288.000 euros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-04-18. Aberta a reserva no 010 para visitar o Pazo Quiñones de León no "Día Europeo dos Xardíns Históricos"

Foto noticia
O Concello de Vigo celebrará o vindeiro venres 26 de abril o "Día Europeo dos Xardíns Históricos" con visitas guiadas os do Pazo Quiñones de León. As persoas interesadas poden reservar unha praza a través do servizo municipal 010. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-04-11. O Concello participa no "Día Internacional dos Xardíns Históricos" con visitas guiadas ao Pazo Quiñones de León

Foto noticia
O Concello de Vigo celebrará o vindeiro venres 26 de abril o "Día Europeo dos Xardíns Históricos" con visitas guiadas ao Pazo Quiñones de León. O alcalde lembrou este xoves que a participación na actividade, que require realizar unha reserva no servizo municipal 010, é totalmente gratuíta. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-03-19. A Vía Verde loce a primeira intervención do X programa de medianeiras Vigo cidade de cor

Foto noticia
A renovación da ponte situada á altura da rúa Coutadas é a primeira das oito actuacións previstas dentro do X programa Vigo cidade de cor. Trátase dunha pérgola téxtil colocada a modo de marquesiña en forma de ondas de tecido. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-03-14. A Vía Verde acollerá a primeira actuación do "Vigo Cidade de Cor 2024"

Foto noticia
Abel Caballero anunciou esta mañá a "intervención\" coa que "que busca mellorar o entorno urbano". Para executar o mural, o vindeiro martes 19 cortarase o tránsito da Vía Verde á altura da rúa Coutadas. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-03-01. Vigo herdará a colección de arte de Encarnación Penelas

Foto noticia
A artista doará 157 obras de arte, pintura e escultura, a maioría delas propias e outras tantas de amigos do mundo da arte entre as que destacan 8 cadros de Laxeiro. A Xunta de Gobierno tamén aprobou o convenio coa Fundación La Caixa para unha exposición itinerante na rúa Príncipe. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
 

Ayuntamiento de Vigo

Plaza del Rey 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100