Actualidade
Data de publicación: 30-01-2024
Data de inicio: 30-01-2024
Data de fin: 30-06-2024
Poñemos en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de renovación da rede de Abastecemento e Saneamento a realizar pola empresa Fcc Aqualia Vigo Ute , estarán pechadas ao tráfico, en horario laboral, as rúas ENCIÑO e FREIXO, dende o 30 de xaneiro de 2024 ás 10:00 horas e por un período aproximado de cinco meses.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100