Organización Municipal

Xunta de Goberno Local

A Xunta de Goberno Local é o órgano que, baixo a presidencia do alcalde, colabora de xeito colexiado na función de dirección política que a este lle corresponde exercendo as funcións executivas e administrativas que se sinalan no artigo 127 da Lei 7/1985, de 2 de abril, de Bases do réxime local.

O número de membros da Xunta de Goberno Local non poderá exceder dun terzo do número legal de membros do Pleno ademais do alcalde, quen os nomea ou separa libremente.

Dado que o Pleno do Concello de Vigo está integrado por vinte e sete concelleiros electos, a Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo non excederá de nove persoas, ademais do alcalde ou alcaldesa.

A Secretaría da Xunta de Goberno desígnase polo alcalde nun dos concelleiros membros da mesma; as súas funcións resúmense na redacción das actas e certificación dos acordos adoptados.

A Xunta de Goberno Local responde politicamente perante o Pleno da súa xestión de forma solidaria, sen prexuízo da responsabilidade directa de cada un dos seus membros pola súa xestión.

As deliberacións da Xunta de Goberno Local son secretas.

As ordes do día e as actas da Xunta de Goberno Local incorporaranse na sede electrónica do Concello de Vigo.

Membros da Xunta de Goberno Local:

  • Alcalde-Presidente:
    • D. Abel Caballero Álvarez.
  • Concelleiros:
    • Dª Mª Carmen Silva Rego
    • D. Francisco Javier Pardo Espiñeira
    • Dª Elena Espinosa Mangana
    • Dª Mª José Caride Estévez
    • Dª Patricia Rodríguez Calviño
    • Dª Yolanda Aguiar Castro
    • D. Jaime Aneiros Pereira
    • D. Ángel Rivas González
    • D. Carlos López Font
  • Concelleira - Secretaria:
    • Dª Patricia Rodríguez Calviño.
  • Suplente primeiro:
    • Dª Yolanda Aguiar Castro.
  • Suplente segunda:
    • D. Ángel Rivas González

Día de realización das sesións:

A Xunta de Goberno Local, previa convocatoria da Alcaldía, realizará sesión ordinaria, con periodicidade semanal, todos os venres non festivos ás 9 horas da mañá.
Sen prexuízo da dita periodicidade, o Alcalde poderá modificar o día e a hora de realización das sesións, así como suspendelas, en Semana Santa, Navidade ou pola coincidencia con outros períodos festivos, así como pospoñer ou avanzar a súa realización dentro da mesma semana ou a inmediatamente posterior, cando o día de realización sexa inhábil ou concorran circunstancias especiais.

Acordos e Resolucións:

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100