Medio Ambiente

Calendario do programa

Percorridos medioambientais

A Concellería de Medio Ambiente de Vigo, a través do programa Camiño a Camiño, arranca a súa tempada de primavera cunha proposta de percorridos medioambientais por Vigo e a provincia de Pontevedra. A intención é coñecer de preto as distintas concas fluviais e espazos singulares próximos, profundando na riqueza natural e paisaxística.


Percorridos a carón dos ríos (1)*

  • 17 marzo. Ruta da Auga 1. Vigo – Redondela
  • 24 marzo: Ruta da Auga 2. Redondela – Pazos de Borbén
  • 7 abril: Ruta da Auga 3. Pazos de Borbén – Encoro de Eiras
  • 14 abril: Río Verdugo e entorno do Pazo de Soutomaior
  • 21 abril: Río Lérez: Xunqueira de Alba e Senda do Lérez
  • 28 abril: Río Ulla e entorno do Pazo de Rivadulla**
  • 5 maio: Río Lagares e entorno do Pazo de Castrelos

* Horario: Saída 9:00, Convocatoria: 8:30. ** Día completo

IX Andaina polos montes de Vigo*

  • 12 maio Montes de Vigo

* Información adicional dende 26 abril

Visita ás Illas Cíes (2)*

  • 19 maio Illas Cíes I
  • 26 maio Illas Cíes II

*Horario: Saída 9:30, Convocatoria: 9:00


(1) Percorridos de mañá (gratuíto, ata 150 prazas): Saída 9:00 dende a Praza do Rei. Convocatoria: 8:30. Retorno estimado: entre 14:00-15:00, na Praza do Rei, agás etapa do 28 abril, que será sobre 18:00-19:00. Desprazamento autobús discrecional.

(2) Cíes (custe 8,50 euros para barco a partir de 5 anos, ata 300 prazas). Convocatoria 9:00-9:30 na Estación Marítima de Vigo. Retorno estimado: 20:00. Menores de 12 anos: 50% do custe. Visita 19 de maio: preinscrición entre 23-24 de abril; peche inscrición: ata 26 de abril. Visita 26 de maio: preinscrición entre 30 de abril e 2 de maio; peche inscrición: ata 3 de maio. Unha vez confirmada a praza, o pago do billete do barco realizarase na taquilla de Mar de Ons sita en r/ Cánovas del Castillo 26, en horario de oficina, ata a data de peche de inscrición indicado. Unha vez pechada, non se pode cancelar.

Inscrición e Funcionamento

  • Inscrición normal: 010 (dende móbil: 986 81 02 60), na semana da actividade. Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: o xoves.
  • Sistema de adxudicación de prazas: un/unha participante non poderá participar en dúas actividades consecutivas, agás que, atopándose en lista de agarda, quedasen prazas dispoñibles o mércores a partir das 15 horas. Nese caso seralle comunicado na tarde do propio mércores previo á actividade.
  • Recollida do ticket de viaxe: ao coller o autobús na Praza do Rei.
  • Renuncia á inscrición: no caso de non poder asistir unha vez inscrito/a, hase de comunicar en info@caminoacaminovigo.org ou no teléfono 662 23 10 23. Non facelo pode supór a limitación á participación en actividades posteriores.
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100