Maiores

Transporte

Ser maior tamén ten as súas vantaxes á hora de viaxar:

Vitrasa

Segundo as contías da pensión que vostede perciba pode acceder a unha das tarxetas: Pensionista tipo I ou Pensionista tipo II.

Ademais con calquera destas tarxetas vostede benefíciase dunha tarifa reducida, posto que está subvencionada polo Concello, e do transbordo entre liñas.

Renfe

Se xa ten 60 anos, goce das vantaxes e comodidades que lle ofrece a viaxe en tren, obteña a Tarxeta Dourada e poderá adquirir billetes para calquera clase e tren.

A Tarxeta Dourada, cunha validez anual, pódese adquirir en estacións Renfe, Oficinas de Vendas e Axencias de Viaxes por 5 euros. Tamén existe a posibilidade de adquirir a Tarxeta Dourada asociada a tarxetas de crédito e débito, emitidas por algunhas entidades bancarias.

Máis información en Renfe.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100