Logos

Autoevaluación (Orde HFP/1030/2021)

Proceso de autoavaliación

A Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se establece o sistema de xestión do PRTR, é de aplicación ás entidades que integran o sector público de conformidade co disposto no artigo 2.1 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, así como a cantos outros axentes interveñan na execución do PRTR como receptores de fondos, establecendo os procedementos e instrumentos necesarios para garantir a súa coordinación e seguimento.

Dentro do amplo desenvolvemento desta Orde, cómpre destacar en relación co obxecto deste expediente, ven a indicar de forma específica:

d) Fortalecemento dos mecanismos de prevención, detección e corrección de fraude, corrupción e conflitos de intereses.

Co fin de dar cumprimento ás obrigas que o artigo 22 do Regulamento (UE) 241/2021 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, lle impón a España en relación coa protección dos intereses financeiros da Unión como beneficiaria dos fondos MRR, que calquera entidade, decisoria ou executora, que participe na execución das medidas do PRTR deberá contar cun "Plan de medidas antifraude" que lle permita garantir e declarar que, no seu respectivo ámbito de actuación, utilizáronse os fondos correspondentes de acordo coa normativa aplicable, en particular no que se refire á prevención, detección e corrección de fraude, corrupción e conflitos de intereses. Dito plan deberá cumprir cos requisitos indicados na citada "Orde" e de forma específica deberá estar aprobado nun prazo máximo de 90 días dende a entrada en vigor da Orde HPF/1030/2021, oi no seu caso dende que se teña coñecemento da participación na execución do PRTR.

Co fin de lograr unha homoxeneidade no deseño destas medidas por parte dos devanditos participantes, e sen prexuízo da aplicación de medidas adicionais tendo en conta as características específicas e os riscos da entidade de que se trate, a Orde HPF/1030/2021 inclúe no anexo II.B .5 a -cuestionario de avaliación sobre o estándar mínimo, e no anexo III.C orientación sobre medidas para previr, detectar e corrixir a fraude, a corrupción e os conflitos de intereses, que fai referencia ás posibles medidas a adoptar para garantir unha adecuada protección dos intereses financeiros da Unión na execución de accións financiadas ou a financiar polo MRR.

A avaliación do risco de fraude, a realización da Declaración de Ausencia de Conflito de Intereses (DACI) e a dispoñibilidade dun procedemento para atender os conflitos de intereses configúranse como actuacións obrigatorias para os órganos xestores. A elección das medidas de prevención e detección déixase á discreción da entidade que asuma a responsabilidade de xestión, tendo en conta as súas características específicas e sempre tendo en conta a necesidade de garantir unha adecuada protección dos intereses da Unión.


A vista do contido desta Orde, O Concello de Vigo como entidade beneficiaria e executora de proxectos financiados con fondos económicos do PRTR, deberá contar cun "Plan de medidas antifraude" que lle permita garantir e declarar que, no seu respectivo ámbito de actuación, utilizáronse os fondos correspondentes de acordo coa normativa aplicable, en particular no que se refire á prevención, detección e corrección de fraude, corrupción e conflitos de intereses.

Dito plan deberá cumprir cos requisitos indicados na citada "Orde" e de forma específica deberá estar aprobado nun prazo máximo de 90 días dende a entrada en vigor da Orde HPF/1030/2021, oi no seu caso dende que se teña coñecemento da participación na execución do PRTR.

Sobre a conformación desta obriga, e co fin de lograr unha homoxeneidade no deseño destas medidas, e sen prexuízo da aplicación de medidas adicionais tendo en conta as características específicas e os riscos de cada entidade, a Orde HPF/1030/2021 inclúe:

Anexo II un modelo de test de auto avaliación e risco, que contempla os seguintes bloques:

A.- obxectivos e procedemento.

B.- Test.

  1. Elementos esenciais.
  2. Control de xestión.
  3. Fitos e obxectivos.
  4. Danos ambientais.
  5. Conflito de intereses, prevención da fraude e da corrupción.
  6. Compatibilidade do réxime de axudas estatais e evitación do dobre financiamento.

C. Estimación do risco: Táboa de valoración.

Ademais no ANEXO III.- Referencias principios e criterios de xestión.

En relación o contido do Plan Antifraude debese valorar o indicado no apartado C. Conflito de intereses, prevención da fraude e da corrupción e os anexos:

  • ANEXO III.C.- Medidas de referencia para previr, detectar e corrixir a fraude, a corrupción e conflito de intereses.
  • ANEXO IV.- Modelos de declaración:A. Ausencia de conflito de intereses.


Para a execución deste proceso de autoavaliación no marco da Orde HFP/1030/2021 pola que se configura o sistema de xestión do plan de recuperación, transformación e resiliencia. Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU, foi convocada reunión do Comité de auto avaliación para os procesos regulados pola Orde HFP/1030/2021, en sesión ordinaria con data 25 de febreiro de 2022, e de continuidade da mesma con data de 4 de marzo de 2022, e 8 de marzo de 2022, nas cales foi desenvolto o proceso de autoavaliación en relación os seguintes apartados:

B.- Test.

  1. Elementos esenciais.
  2. Control de xestión.
  3. Fitos e obxectivos.
  4. Danos ambientais.
  5. Conflito de intereses, prevención da fraude e da corrupción.
  6. Compatibilidade do réxime de axudas estatais e evitación do dobre financiamento.

C. Estimación do risco: Táboa de valoración.

En relación o resultado da autoavaliación e de acordo coa acta de avaliación da sesión de data 8 de marzo de 2022, asinada polos membros asistentes do comité de autoavaliación, se acorda "a aprobación do proceso de autoavaliciación de acordo cos datos que se anexan a esta acta que será susceptible de revisión de acordo a implementación das medidas identificadas no mesmo".

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100