Patrimonio Histórico

Ruta botánica do xardín do Pazo Quiñones de León

O Xardín Histórico do Pazo de Castrelos data de finais do século XIX , a realización do seu deseño foi ordenado polo Marqués de Alcedo e María de los Milagros Elduayen VIII marquesa de Valladares. A súa localización é adxacente ao pazo, sobre un terreo de labranza prominente, aínda que non o máis elevado de toda a propiedade.

O xardín pacego chegado ata hoxe é o resultado da transformación da primitiva horta lindeira ó propio pazo, dando resposta a unha esixencia de mellora da calidade de vida e como signo dun estatus social diferenciado. Os señores pacegos podíanse permitir o abandono produtivo dun pedazo de horta e darlle outro uso, servindo como elemento ornamental e de ocio.

A autoría do deseño e construción dos xardíns é descoñecida, non obstante, cabe subliñar que, a influenza das correntes xardineiras vixentes nesa época na bisbarra de Vigo, non só era “portuguesa”,  senón tamén, francesa e belga acreditado polo asentamento de familias de longa tradición xardineira  como os “Turc” e os “Philippot”.

No recinto axardinado pódense considerar cinco sectores ben diferenciados que facilitan o seu estudio e descrición:  xardín de acceso,  roseiral,  xardín francés,  xardín inglés e  bosquete.

O conxunto de pazo, museo e xardíns está declarado Ben de Interese Cultural, e goza da máxima protección que a lexislación española e galega lle outorgan a un elemento do patrimonio cultural.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100