Servizos Sociais

Outros programas de inclusión

O Concello de Vigo fomenta o desenvolvemento de actuacións solidarias por parte doutras entidades de iniciativa social da cidade que podan complementar a oferta pública de servizos sociais (fundamentalmente do CIIES).

Para elo, reforza os recursos de atención inmediata relacionados coa alimentación básica das persoas e unidades de convivencia mediante distintos convenios de colaboración que promoven comedores sociais e programas de alimentos destinados a paliar situacións transitorias de necesidade en distintas zonas da cidade.

De tal modo que:

Promove o albergue e un programa de alimentos en colaboración coa entidade "Hermanos Misioneros de los Enfermos Pobres", destinados, dun lado, a proporcionar un lugar de pernoita gratuíta ás persoas demandantes (por un máximo de 10 días en réxime de media pensión) e, doutro, a facilitar produtos básicos de alimentación destinados a paliar situacións transitorias de necesidade a unidades familiares derivadas desde os Servizos Sociais do Concello.

Colabora co servizo de comedor social (de fins de semana e festivos durante todo o ano), e co programa de alimentos (entrega gratuíta de paquetes quincenais de alimentos básicos a familias derivadas desde os Servizos Municipais) desenvolvidos pola Asociación Vida Digna, así como co comedor social coñecido como "Comedor da Esperanza" e a súa unidade de hixiene da Fundación Casa de Caridade, dispoñible todos os días do ano de luns a sábado.

Por último, contribúe ao mantemento do programa de alimentos da Asociación Freixeiro de Axuda ó Necesitado (AFAN), consistente nunha entrega de alimentos básicos a familias, cunha periodicidade de dúas veces ao mes, e ás actividades da Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100