Participación cidadá

Teléfono 010

Teléfonos:

  • 010: para chamadas realizadas desde a cidade de Vigo.
  • 986 810 260: para chamadas desde a cidade de Vigo e desde fóra do municipio de Vigo.

Horario:

  • de luns a venres de 8 a 20 horas.
  • sábados de 10 a 14 horas.

Custo de chamada

  1. Teléfono: 010 (desde a cidade de Vigo):

    Dependerá do contrato co operador de telecomunicacións que teña o propietario do teléfono fixo ou móbil. O Concello non ingresa ningunha cantidade polas chamadas recibidas e, en consecuencia, non repercute ningún custo a quen o utilizan.

    As tarifas aplicables a todos os servizos 010 de España foron reguladas mediante Resolución de 31 de xullo de 2013 da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a sociedade da Información das Administracións Locais (publicada no BOE número 226 de 20/09/2013). O teléfono 010 do Concello de Vigo aplica ao usuario chamante a Modalidade A de facturación por tempo, recollida en devandita norma, co seguinte prezo:

    • Desde a rede fixa, o prezo de establecemento e prezo por minuto dunha chamada ordinaria fixo - fixo de ámbito provincial.
    • Desde a rede móbil, o prezo de establecemento e prezo por minuto dunha chamada ordinaria móbil - fixo no territorio nacional.
  2. Teléfono: (34) 986 810 260 (desde a cidade de Vigo e desde fóra do municipio de Vigo):

    Normalmente podería chamarse de forma gratuita si ten contratado cun operador de telecomunicacións un servizo de "tarifa plana" para chamadas a teléfonos nacionais. No entanto aconsellamos verificar ca sua operadora telefónica si inclúe devandito número na tarifa plana.

Atención Telefónica: 010.

O 010 é o número do Servizo de información telefónica, cuxa finalidade é dar resposta a cuestións de calquera tipo: desde os servizos municipais que presta o Concello, ata consultas relativas á cidade.

O obxectivo primordial do servizo de atención telefónica é proporcionar información de xeito rápido, fiable e integral, sempre ao alcance de todos.

Cunha chamada, a un sinxelo número, de tarifa local, tanto os cidadáns e cidadás como calquera turista ou visitante, dispón ao instante de información fiable e actualizada, de caracter xeral e tamén administrativa.

É unha referencia para a cidadanía viguesa, e para todas as persoas que nos visitan.

Información da cidade

  • Direccións de interese:
    • Hoteis de interese
    • Tráfico e Urxencias.
    • Festas e eventos.
    • Servizos Municipais.
    • Información e posta ao día de actividades de lecer e turismo, realizadas por entidades privadas e/ou persoais:
      • Actividades culturais.
      • Congresos, feiras de exposicións.
      • Actividades deportivas.

Información de interese xeral

  • Sanitarias (hospitais, farmacias, urxencias)
  • Seguridade cidadá (Policía, Extinción de incendios, Protección Civil, etc).
  • Organismos e Asociacións (consulados, asociacións deportivas, culturais, ONG, etc).
  • Convocatorias de todo tipo, concursos, ofertas de emprego local e licitacións administrativas convocadas polo Concello.
  • Ordenanzas municipais.
  • Resolucións de carácter público dos órganos municipais.
  • Convocatorias de carácter social (bolsas de comedor, vacacións para a terceira idade, etc).
  • Axudas e subvencións.

Información Administrativa

  • Calendario fiscal, impresión de recibos, consultas sobre contribucións.
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100